Habitando podcast

Ep.41: Julián Salas, unha vida dedicada á Habitabilidade Básica

27/11/2022
0:00
58:11
Recuar 15 segundos
Avançar 15 segundos

Para este Habitando 41, o último de 2022, tivemos a honra de contar con Julián Salas. Julián ten a Cátedra UNESCO de Habitabilidad Básica da ETSAM. É todo un referente neste eido a nivel mundial. Achegouse á Coruña para impartir na Escola de Arquitectura a lección Construindo con recursos escasos. Contra a fame de vivenda en África, así que aproveitamos para charlar con el de toda unha vida dedicada á Habitabilidade Básica.

O seu curriculum é extensísimo, mais para moitos e moitas de Arquitectura Sen Fronteiras é o referente, a persoa que primeiro se nos vén á cabeza, ao pensar en Habitabilidade Básica. Non só polos seus coñecementos, senón tamén pola súa proximidade, a súa predisposición para compartir todo ese coñecemento e experiencia acumulada ao longo dos anos, sobre todo no posgrao do ICHaB polo que moitos e moitas integrantes de ASF pasaron.

Ligazóns de interese:
Créditos

Todas as cancións incluídas neste episodio e no momento da súa publicación distribúense baixo licenza Creative Commons.

  • A Vida, Maya Solovey, álbum Maya Solovéy, I:II
SubscriciónFeed | Apple Podcast | iVoox | Spotify
Contacto

galicia[arroba]asfes.org | @ASF_Habitando | Facebook

Mais episódios de "Habitando"