Habitando podcast

Ep.37: Participación e cidade con Ergosfera

19/10/2021
0:00
1:00:48
Recuar 15 segundos
Avançar 15 segundos

Hoxe temos connosco a Iago Carro, integrante de Ergosfera dende a súa fundación. Ergosfera naceu en 2006 como asociación de estudantes de arquitectura. Tras varias fases neste momento é unha cooperativa que traballa en propostas urbanísticas e no estudo das formas de uso e urbanización do territorio contemporáneo.

A súa perspectiva alónxase da practica tradicional da arquitectura e o urbanismo pola súa mirada crítica, sempre presente e que lles caracteriza. Poñen en dúbida o existente, fomentan o diálogo e o debate con todos os axentes implicados nos contextos concretos. Entre eses axentes está por suposto a veciñanza.

Chamamos a Iago para falar de urbanismo participativo dende a súa experiencia, dos xeitos que temos todos e todas de participar na planificación da cidade.

Ligazóns de interese:
Créditos

Todas as cancións incluídas neste episodio e no momento da súa publicación distribúense baixo licenza Creative Commons.

  • A Vida, Maya Solovey, álbum Maya Solovéy, I:II
Subscrición

Feed | iTunes | iVoox | Spotify

Contacto

galicia[arroba]asfes.org | @ASF_Habitando | Facebook

Mais episódios de "Habitando"