Habitando podcast

Ep.32: Playgrounds en Compostela

02/12/2019
0:00
1:07:13
Recuar 15 segundos
Avançar 15 segundos

Os pasados 1 e 2 de novembro celebrouse na Cidade da Cultura en Santiago de Compostela a V Edición de Playgrounds. Como final a Argallar, una exposición para xogar coa arquitectura, a asociación Ludantia coa colaboración de Proxecto Terra e a Fundación Cidade da Cultura organizo o V Encontro Internacional de Educación en Arquitectura para a Infancia e a Mocidade, dirixido a docentes, estudantes e profesionais da educación.

Ideouse como un encontro con intervencións plenarias en formato debate de profesionais recoñecidos a nivel galego, estatal e internacional, agrupados en parellas ao redor de catro temas de interese e actualidade para estes colectivos específicos. Deste xeito, o encontro compleméntouse con obradoiros ao redor destas temáticas:

  • Arte, espazo público e participación
  • Transformación de espazos
  • Xoguetes e dispositivos lúdicos
  • Arquitectura na educación

Arquitectura sen Fronteiras participou na sua organización a través de Proxecto Terra. E varias persoas voluntarias achegáronse ás charlas e obradoiros. Habitando non podía perder a oportunidade, e aproveitamos para charlar con persoas da organización (Miguel Díaz), poñentes (Clara Megías e Leticia Flores, e o equipo Mico),  e participantes (Lidia, mestra na Escola pública.

Ligazóns de interese: Créditos

Todas as cancións incluídas neste episodio no momento da súa publicación distribúense baixo licenza Creative Commons.

SubscriciónFeed | iTunes | iVoox | Spotify
Contacto

gtcomunicacion.gal[arroba]asfes.org | @ASF_Habitando | Facebook

Mais episódios de "Habitando"