0:00
56:54
Retroceder 15 segundos
Avanzar 15 segundos
Alberto Cunha presentounos unha nova edición de "As 5 Escalas de Cunha" na que foi quen de unir musicalmente 5 conceptos partindo do Mosteiro de San Pedro de Rocas e con Kurt Russell como destino. Dani Lorenzo volveu tratar o tema do "Spanish Bizarro" no seu "Mundo Paquitof" e puidemos gozar da música de Salvador Dalí e Jaime de Mora y Aragón ( e non é broma...) Alejandro Martínez "Pini" analizou unha nova Efeméride de Entrada proposta polo noso director Carlos Tresandí. J. Pablo Sangiao estivo subdirixindo todo o programa e Fran Rodríguez encargouse de puntualizar todo o que foi necesario. A música en directo volveron poñela os Solitude Jazz Quartet (Adonais Pereira ao piano, Xoel Rivas á batería, André Soaxe ao baixo e Jorge Ferreira ao saxofón) que nos interpretaron o clásico tema de Miles Davis: "Nardis".

Otros episodios de "Todos os podcast | Como que non?"