
0:00
56:55
E tamén dos traballos nos que xa están metidos como o flamante "Die or Die". Ademais, Carlos Tresandí tamén lle preguntou pola súa faceta como propietario da empresa de loita libre "Atlántica Wrestling" e dos seus vindeiros eventos. Alejandro Martínez "Pini" volveu empezar o programa analizando Efemérides de Entrada. Fran Rodríguez abriu o Museo Mutante para falarnos da perda de dereitos das figuras de DC por parte da empresa McFarlane e para amosarnos unhas figuras fantásticas de Batman e Superman cortesía da empresa asiática FondJoy. Estiveron presentes J. Pablo Sangiao, Dani Lorenzo e Alberto Cunha. Tivemos pregunta para Rubén Calles no CCCP de Pepe Capelán e a música en directo volveu correr a cargo dos Solitude Jazz Quartet (Adonais Pereira ao piano, Xoel Rivas á batería, André Soaxe ao baixo e Jorge Ferreira ao saxofón) que nos interpretaron unha versión do emblemático tema de Duke Ellington "Caravan".
Otros episodios de "Todos os podcast | Como que non?"



No te pierdas ningún episodio de “Todos os podcast | Como que non?”. Síguelo en la aplicación gratuita de GetPodcast.








