
0:00
56:06
Responderon a unha nova pregunta de Pepe Capelán no "Consultorio Con Capelán Pregunta" (CCCP). Ademais estreamos nova sección no programa: "As 5 escalas de Cunha". Unha sección na que Alberto Cunha debe pasar por 5 conceptos diferentes que teñan unha ligazón musical entre eles. A proposta deste primeiro programa (cortesía do noso COMOQUENONER DE HONRA 2026 Óscar Rosende) levouno desde a Raíña Isabel a Católica ata o Mosteiro de San Pedro de Rocas. Como enlazaría musicalmente eses dous conceptos en 5 escalas? Tamén volveu o "Mundo Paquitof" de Dani Lorenzo que nos propuxo somerxernos no mundo do Spanish Bizarro... Non ten desperdicio o que nos trouxo de Fernando Fernán Gómez. Houbo "Efemérides de Entrada" con Alejandro Martínez "Pini", estivo colaborando Fran Rodríguez e, a maiores, J. Pablo Sangiao veu acompañado do saxofonista Jorge Ferreira para interpretarnos o tema "Otras Flores" con LaBandaDelCuarto Sax Version.
Otros episodios de "Todos os podcast | Como que non?"



No te pierdas ningún episodio de “Todos os podcast | Como que non?”. Síguelo en la aplicación gratuita de GetPodcast.








