Presentamos o especial de Nadal no que participantes ao longo do ano en Folcast, como Noemi Basanta, Cantareiras de Fornelas, Carme López, Arredor da Tradición, Bea Busto, Xacobo Ares ou Isabel Vigo envían as súas panxoliñas favoritas con comentarios. Antes, unha primeira parte de entrevistas na que o antropólogo Rafa Quintía debulla os Cantos de Nadal como feito cultural vinculándoa a outros ritos do ciclo do ano e tratando de botar luz sobre a súa orixe. Branca Villares aporta algúns trazos dos Cantos de Reis na provincia de Lugo, centrando no Cebreiro.
Otros episodios de "Folcast"



No te pierdas ningún episodio de “Folcast”. Síguelo en la aplicación gratuita de GetPodcast.








