
Onde estabas ti ás 12,33 do 28 de abril de 2025? Cóntannos aquí a súa peripecia persoal Ana Luísa Bouza (na casa), Marta Otero Mayán (na ducha), Xosé Hermida (no Congreso, que había luz) e Xosé Manuel Pereiro (teletraballando) pero as horas seguintes todos, como a maioría da xente, coa orella pegada ao transistor, como os futboleiros de antes as tardes de domingo. Pero no episodio actual de A Actualidade está sobrevalorada tamén se fala da decisión do Tribunal Constitucional de non decidir sobre a Lei Trans (é dicir: decidir non tomar unha decisión de momento) e do Día do Traballo, que ten cada vez máis un carácter político que meramente sindical.
More episodes from "A actualidade está sobrevalorada"



Don't miss an episode of “A actualidade está sobrevalorada” and subscribe to it in the GetPodcast app.








