
Isto é un podcast sobre música galega. E non calquera música: a dos novos anos vinte, que xa non son felices, senón violentos. Se dos últimos anos vinte nacera a convención do alienante estado de felicidade que marcou a cultura de masas, nos nosos buscamos ser un espello do que está sucedendo ao noso carón: grupos tocando nos locais das nosas cidades e artistas novos creando música na súa habitación. Queremos habilitar un espazo aberto á conversa —sempre pacífica, malia que o título engane— arredor da escena musical galega. Presentado por Celia Eiras, Anxo Fariñas e Daniel Portela e a colaboración dos artistas Grande Amore e Berto. Arrancamos o vindeiro mércores, 15 de marzo, e a partir de aí, cada dúas semanas da man da revista dixital VINTE!
Otros episodios de "Violentos Anos Vinte"



No te pierdas ningún episodio de “Violentos Anos Vinte”. Síguelo en la aplicación gratuita de GetPodcast.







