
Entre 2023 e 2024 un equipo das universidades de Salamanca e Santiago de Compostela, xunto coa empresa Tempos Arqueólogos, desenvolvimos un proxecto de investigación ao redor dos campamentos romanos máis occidentais localizados no continente europeo: os da provincia da Coruña. Entre as iniciativas de difusión coas que acompañamos os proxectos arqueolóxicos atópase este podcast dun único episodio: 'As lexións da fin do mundo', que recupero agora tamén nesta canle para explicar os nosos obxectivos e os achados que atopamos. Neste episodio falamos os arqueólogos José Manuel Costa e Francisco Alonso Toucido, eu mesmo (Manuel Gago), baixo a produción de Jorge Lamas.
O proxecto 'Roma no Finis Terrae' foi subvencionado pola Deputación da Coruña.
Otros episodios de "Na volta da folla"



No te pierdas ningún episodio de “Na volta da folla”. Síguelo en la aplicación gratuita de GetPodcast.







